eltiempoentuojete
Datos ao vivo en India
Visualizar os datos ao vivo das estacións meteorolóxicas na India pode parecer compricado. Pero somentes é así cando non coñeces á páxina e algúns detalles que pasamos a recopilar. Agardamos que despois da primeira vez que accedas aos datos, cando voltes consultar, recordes de xeito doado a mecánica para atopar ó camiño ós datos meteorolóxicos.
- Ao final deste artigo atoparás unha infografía onde se mostran os pasos de forma resumida.
A pantalla de Inicio
A páxina de inicio da India Meteorological Department (IMD) amosa dous mapas da India (un só nos móviles) e na parte superior unha cabeceira bilingüe cun Menú sobre fondo verde.
Amosa directamente os datos de Kerala, unha rexión na que non xogamos. O primeiro paso é facer clic na pestana do Menú onde podes ler “TABULAR DATA / GRAPH“. Nos teléfonos na parte superior da pantalla.
Agora estás na páxina na que se escolle a estación. Isto é o que tes que ter na túa pantalla.
No panel central podes atopar o tipo de estación (AWSAGRO, AWS, AGRO e ARG). Embaixo amosa un menú para escoller as datas de inicio e final da consulta. Normalmente amosa o día en curso, polo que se queres ver o que pasa ao vivo, non debes modificalo. Podes facelo para buscar datos meteorolóxicos de días anteriores. O que sí debes trocar é o tipo de estación a AGRO. Nos teléfonos aparece todo nunha columna, polo que o tipo de estación está embaixo do menú onde escolles a estación.
Agora queda somentes escoller a estación. Para iso imos ata o menú da esquerda, onde podes seleccionar o estado, o distrito e a estación.
Imos facer a proba coa primeira xornada. Chandel, no estado de Manipur. Cando seleccionas “Manipur“, en estado, automaticamente reduce o menú de Distrito a unha soa elección, “Chandel“. E ao escoller estación, somentes da unha opción. A de “Chandel_KVK“.
Unha vez seleccionado o estado, o distrito e a estación, imos ata o menú da dereita, onde, en bilingüe, podes ler “Download“, “View Graph” e “View Data“. Nos teléfonos é o menú que atopas embaixo de onde escolles a fecha para os datos.
Descartando “Download“, podes ver os datos actualizados en calqueira das duas opcións restantes. A diferencia está en que “View Data” envíate a unha páxina cunha táboa bastante compricada. Os datos acumúlanse cada 15 minutos polo que ver as máximas e mínimas ou a suma de precipitación cara o final da etapa non resulta doado.
A outra opción é a de “View Graph“. Realmente semella máis sinxela que a táboa de datos inmensa. Podes escoller a preferencia que máis te guste, ainda que recomendamos a versión gráfica dos datos. Pica nos puntos das gráficas para coñecer o dato exacto.