eltiempoentuojete
Ojete's Cup 2020. Belice
Dende eltiempoentuojete quremos dar a benvida ó torneo que pon o colofón a cada tempada meteorolóxica. Saudamos ós 16 heróes que van competir nunha competición en formato de un-contra-un, neste ano en territorio caribeño. Belice é o noso destino.
Na edición 2020 da Ojete’s Cup visitaremos 4 cidades nas que te enfrentarás a un inimigo en cada xornada, tentando avanzar no torneo.
Recorda que as xornadas non son eliminatorias, ou sexa que se gañas pasas de nivel e se perdes baixas de nivel. Pero os 16 competidores xogarán as catro xornadas en cuestión.
O noso provedor de datos será a axencia gubernemental de Belice, o National Meteorological Service of Belize, ou NMS. Os datos serán recollidos dende as gráficas “Daily Data Overview”, situada na páxina correspondente a cada estación meteorolóxica. Os datos que se amosan ó princio da páxina deben collerse somentes coma orientativos, ata o seu paso ás gráficas citadas anteriormente.
A diferenza horaria é semellante á do Torneo de Vran. Belice ten unha diferenza de +8 (GMT-6) con respecto a nós. Isto fai que a xornada comezará ó amencer do domingo, cara as 09:00 e rematará á mesma hora do luns.
Ainda tendo marxe temporal dende a aposta, recordamos que sendo unha competición moi corta e a dilucidar entre 2 apostantes, os retrasos serán penalizados coma de costume.
Nesta ocasión recolleremos prediccións ata as 16:00 horas do sábado. Eso sí, con penalización de 10 puntos.
No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina do blog.