Entorno
A segunda xornada da Ojete’s Cup visita Ciudad de Belice, antiga capital de Belice. A cidade máis poboada é o centro económico do país, co seu porto como activo máis distinguido.
Belize City foi a capital da colonia británica que baleirou de madeiras nobres o país caribeño. Foi fundada no século XVII por piratas e escravistas británicos, convertíuse no fogar de miles de escravos africanos para a tala de madeira primeiro, e para o cultivo da caña de azucre despóis. Ata 1970 foi a capital do país, congregando tribunais e as distintas autoridades de goberno.
Pero no 1961 recibiu a visita do furacán Hattie, que devastou case por completo. Xa no 1931 quedou arrasada por outro furacán, pero nesta ocasión trasladóuse a capitalidade ata Belmopán, terra adentro. Ainda que a cidade tentou protexerse, ainda está moi exposta á chegada de furacáns dende o Caribe, a inundacións por chuvia e a incendios endémicos, provocados polas estreitas rúas, herdanza da época colonial
Localización
Datos da estación
A Estación PGIA Belize City está ubicada a 17,53º de latitude e -88,31º de lonxitude e a unha altitude de 5 metros. Situada, daquela, no distrito de Belice, foi dada de alta en abril de 2016.