4ª xornada

Punta Gorda

Entorno

Punta Gorda é a guinda do pastel que representa a Ojete’s Cup. Neste lugar do sur de Belice coñeceremos ó líder final da competición un-contra-un de eltiempoentuojete, e da mesma maneira, a posición final de cada un/ha d@s competidores en Belice.

Punta Gorda é unha localidade de menos de 5000 habitantes, eminentemente pesqueira pero con novas oportunidades no negocio do turismo. É a capital do distrito de Toledo, no sur de Belice. Localizada a 160 kilómetros de Belize City, conta con moitas rexións protexidas declaradas reservas naturais.

No sur de Belice, preto de Punta Gorda, podes atopar bosques tropicais, ríos, o arrecife de coral do mar Caribe (a 55 kms. de terra), montañas con vistas panorámicas e varias vilas mayas. Conta con moitas atraccións naturais coma fervenzas e covas, ademáis de fauna autóctona e grande variedade de plantas. As ruinas mayas están cubertas pola selva e moitas están sen descubrir.

Localización

Datos da estación

A Estación Punta Gordaestá ubicada a 16,10º de latitude e -88,81º de lonxitude e a unha altitude de 14 metros. Situada, daquela, no distrito de Toledo, foi dada de alta en 2016.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 30 de Agosto. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 28 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.