VII Ojete's Cup. Escocia

eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 7ª Ojete’s Cup, a derradeira proba da 8ª tempada de competicións meteorolóxicas de eltiempoetuojete.

A edición 2021 consta de 4 xornadas ó longo da xeografía escocesa. O inicio da competición está datado para o 8 de agosto en Croftgarrow e o remate será o 29 de agosto en Lagganlia.

O noso provedor de datos vai ser o servizo meteorolóxico nacional do Reino Unido, Met Office. Dispoñen duha we específica para as observaciós recollidas nas súas estacións meteorolóxicas, o WOW. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de WOW actualizan os datos cada 10 minutos nas táboas de datos cada hora nas gráficas, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita dos PC’s e embaixo nos teléfonos)