4ª xornada

Cherry Cottage

Entorno

Cherry Cottage vai decidir a posición final de cada participante da Ojete’s Cup 2021, incluindo a gran final e a liza polo 3º paso do podio. Está situado no Highlands Council, dentro das Highlands escocesas.

Cherry Cottage é unha estación meteorolóxica preto da poboación de Dulnain Bridge, comunidade maiormente rural cunha vecindade que por pouco supera o centenar de persoas. Localizase en Strathspey, na confluencia do río Spey e o Dulnain, que da nome á ponte que o cruza. A preto de 5 kms. atopamos o pobo de Grantown-on-Spey.

Toda a zona de Strathspey ten relevancia turística , ó estar dentro do parque nacional Cairngorms, onde podes atopar rocas glaciares formadas dende fai miles de anos, exhibicións de maquinaria agrícola antiga, aves de presa e outros animais en perigo de estinción… sen esquecer os campos de golf e hoteis de alto nivel adquisitivo.

Localización

Datos da estación

A Estación Cherry Cottage está ubicada a 57,30º de latitude e -3,67º de lonxitude e a unha altitude de 255 metros. Situada, daquela, no concello das Highlands, Escocia.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 29 de Agosto. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 28 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa