2ª xornada

Gulberwick

Entorno

Gulberwick xulgará esta semana ós apostantes do VIII Torneo de Vran en Escocia. Os gañadores da primeira rolda tentarán avanzar cara a seguinte etapa mantendo as esperanzas de levantar o título.

Gulberwick é un pequeno poboado de algo máis de 200 vivendas, ubicada na illa principal das Illas Shetland. Apenas a 4 kilómetros ó suroeste da capital e cidade máis importante, Lerwick, váise convertindo nunha cidade dormitorio

Preto de Gulberwick atopamos Clickimin Broch, un “castro” da Idade de Ferro, na ribeira sur do lago do mesmo nome. Ten un diámetro externo de 20 metros e interno de 9 metros. Foi ideada coma granxa e posteriormente engadíuse un fortín exterior e unha serie de aneis de pedra coma fortificación defensiva. É probablemente o edificio máis antigo das Shetlands

Localización

Datos da estación

A Estación Gulberwick está ubicada a 60,13º de latitude e -1,22º de lonxitude e a unha altitude de 49 metros. Situada, daquela, no concello de Shetlands, Escocia.

Cámara ao vivo

Esta xornada vaise desputar o Domingo 15 de Agosto. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 14 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa