Entorno
Lagganlia vai decidir a posición final de cada participante da Ojete’s Cup 2021, incluindo a gran final e a liza polo 3º paso do podio. Está situado no Highlands Council, dentro das Highlands escocesas.
Lagganlia localízase dentro do Parque Nacional Cairngorms, unha sucesión de mesetas altas con pasos pouco profundos. Os picos acadan ata 1300 metros de altitude. Preto de eiquí ubícanse as localidades vacacionais de Aviemore e Kingussie. Ademáis o parque contén 3 das 5 estacións de esquí de Escocia
O Centro Lagganlia oferta cursos ao aire libre de multitude de categorías, dende deportes de aventura, traballo de equipo para empresas, acampadas e, por suposto, deportes de inverno nas estacións de esquí nos arredores. E, como podedes comprobar, conta cunha estación meteorolóxica.