X Ojete's Cup 2025. Pakistán

Ojete´s Cup é a competición por eliminatorias un-contra-un que pon o remate á tempada meteorolóxica, iniciada coa Liga da Inverneira de Galicia, continuada coa Liga de Primaveira e que escolle os 16 mellores no Torneo de Vran. Nesta ocasión terá lugar en Pakistán, en 4 xornadas onde se decidirá a posición final de cada apostante. Dará comezo o 10 de Agosto de 2025 e rematará o 31 de Agosto. Os gañadores da xornada atoparán no Cadro de Competición seu próximo adversario. E no mesmo caso para os perdedores, que non serán eliminados, senón que loitarán cada xornada por mellorar a sua clasificación. Cada xornada haberá un gañador xeral á mellor aposta, pero para pasar a eliminatoria somentes tes que gañar o teu respectivo rival. Despois de coñecer ó único vencedor da Ojete´s Cup tomaremos unhas merecidas vacacións e o tempo necesario para preparar unha nova edición da mítica Liga da Inverneira de Galiza.

O noso provedor de datos vai ser o servizo pakistaní de meteoroloxía,  e no seu caso, o que da a información das estacións meteorolóxicas do país, o FAWS. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com