Ojete's Cup West Bengal

eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 9ª tempada de competicións meteorolóxicas.

E comezamos coa nosa Liga máis completa, a raíña da meteoroloxía amateur. A VIII edición da Liga da Inverneira de Galicia está preparada e busca un campión.

A edición 2020/21 consta de 26 xornadas ó longo da xeografía galega, con inicio en Corrubedo e final en Xesteiras, no concello de Cuntis.

As etapas son case as mesmas dos anos anteriores. Tivemos que trocar a estación de Cabeza de Manzaneda, despois de varias edicións de erros sobre todo no seu anemómetro. A nova estación xa foi a suplente na derradeira edición, a de Calvos, en Calvos de Randín, onde acadóuse a mínima temperatura histórica na competición galega.

O inicio da competición está datado para o 26 de septembro en Corrubedo e o remate será o 20 de marzal en Xesteiras.

O noso provedor de datos vai ser o de sempre, o servizo galego de meteoroloxía habitual, Meteogalicia. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de Meteogalicia actualizan os datos cada 10 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 6 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 3ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde duas veces, nas 6 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 6ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita nos PC’s e embaixo nos teléfonos)