Entorno
A Armenteira chegou coma suplente e este ano fai a terceira aparición na 4ª xornada da VII Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete.
A Armenteira exténdese dende o alto do Castrove ata as beiras do río Umia. Pertence ó concello de Meis, no corazón do Salnés. Nos seus montes están localizados moitos petroglifos da idade de bronce e dólmenes da era neolítica. É a meirande parroquia do concello, que tamén é o maior da comarca do Salnés, e linda cos concellos de Poio, Meaño e Ribadumia
O mosteiro de Santa María na Armenteira inicióuse no seculo XII fundado por San Ero. Foi pouco despois da fundación da igrexa cando pasa a manos do císter e comezan as obras do mosteiro. Como a maioría das obras cistercienses predominan as aristas vivas e a falta de decoracións. Somentes no claustro, do século XVI, atopamos bóvedas de crucería de variada complexidade.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sensor de Humidade Foliar
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2017/18: Lukas, Oscar
- 2018/19: Mermelada
- 2019/20: Kaltxón