Entorno
A 10ª xornada da VII Liga da Inverneira de Galicia localízase en A Gándara, no concello de Vimianzo. É a primeira vez que se vai xogar neste lugar, despóis do faio da estación de O Castrove, sen tódolos datos dende fai meses. Visitamos a Terra de Soneira.
A Terra de Soneira está chea de anacos de historia. Dentro do estilo románico podemos atopar esta fermosa portada da Igrexa de Cereixo, onde podes observar unha escena da chegada do corpo do Apóstolo Santiago nunha barca de pedra, como reza a mitoloxía cristiá. Esta igrexa está reformada en varias épocas posteriores, con engadidos coma a espadaña, pero conserva esta preciosa portada.
Dentro dos monumentos prehistóricos podemos falar de unha inxente cantidade de elementos megalíticos. É a maior concentración de túmulos e dólmenes en toda Galicia. Moi recomendables visitas á Pedra da Arca, en Baiñas e a Pedra Cuberta, en Treos. Ademáis, moitos petroglifos e castros, como o monumental castro de As Barreiras, no mesmo núcleo de Vimianzo.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Anemómetro-Catavento
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura e Humidade
- Piranómetro
- Datalogger
- Pluviómetro de Cazoliñas
Gañadores anteriores
- 2015/16: Michi
- 2016/17: Mina
- 2017/18: Xowi, Balboa, Pepe, Kalandrakas
- 2018/19: Kalandrakas