17ª xornada

Cabeza de Manzaneda

Entorno

Cabeza de Manzaneda é a 17ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Ainda que non sempre decisiva, está considerada coma a etapa raíña no periplo galego da Liga. Quizais sexa a sua altitude. Ou porque alberga unha estación de esquí. Ó mellor é que o seu nome faite tremer coma unha folla…

A estación de esquí de Cabeza de Manzaneda leva aberta dende o ano 1969. Ata o 1971 non asfaltaron o camiño ata o refuxio e a partir dese momento acuden un sinfín de autobuses os fines de semana. No 72 remata a estrada e a linea eléctrica e comezan as obras de hoteis, bungalows e telesquís, máis tarde telesillas. Despóis duns anos sen neve ó final dos 80, a Xunta de Galicia compra a estación no 1990.

Dende entón a estación de Cabeza de Manzaneda foise modernizando e apostando pola diversificación. Levántase un polideportivo cuberto, mellórase a estrada dende Trives reemplázanse os telesillas. Últimamente apostan polo circuito de descenso de bicis (Bike Park), trocaron a piscina por un Spa termal, unha Tirolina Xigante e Parque Multiaventura.

Localización

Datos da estación

A Estación Cabeza de Manzaneda está ubicada a 42,26º de latitude e -7,3º de lonxitudee a unha altitude de 1758 metros. Situada, daquela, no concello de Manzaneda, provincia de Ourense, foi dada de alta o 14 de Decembro de 2006.

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Anemómetro-Veleta
  • Batería
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 17 de xaneiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 15 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa