7ª xornada

escudo do concello de arbo

Cequeliños

Entorno

Cequeliños significa outro paso máis no camiño da VII Liga da Inverneira de Galicia. Esta séptima xornada vaise desputar na fronteira sur do país, tendo coma silentes espectadores ós nosos amigos lusos (de momento).

Cequeliños é unha parroquia pertencente o concello de Arbo e moi preto da capital. Unha das suas características é a cantidade de pazos e casas solariegas, con notábeis traballos en pedra. Moitos escudos recordan o carácter nobiliario de toda a zona. Podes atopar tamén antigos acueductos ou canais de auga que levaban a auga ás mellores e máis ricas residencias. Moitas tamén dispoñían de pesqueiras de lamprea para pescar en exclusiva .

O concello de Arbo está dominado polo río Miño. A raiña é sen dúbida a lamprea, preparada de moitas máis maneiras do que pensas. Pero sen esquecer os viños, branco e tinto. Este tramo do Miño, xunto cun microclima privilexiado aporta un carácter especial o Albariño e o Condado. Tamén podes degustar os viños da beira portuguesa, grazas á ponte internacional.

plato de lamprea seca embutida y cortada

Localización

concello de arbo en mapa de galicia

Datos da estación

A Estación Cequeliños está ubicada a 42,14º de latitude e -8,26º de lonxitude e a unha altitude de 187 metros. Situada, daquela, no concello de Arbo , provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 7 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Humidade do Solo
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 8 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 6 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa