Entorno
O Xipro inaugura a serie de xornadas de montaña da Liga da Inverneira en Galicia, principalmente en Lugo e Ourense. Isto durará ata comezos de Febreiro, polo que recomendamos poñer o chip de montaña. E a primeira en visitar é no concello de A Fonsagrada.
O Xipro é unha localidade de 6 habitantes preto de A Fonsagrada. Este concello e o máis extenso de toda Galicia. Forma parte do Camiño Primitivo e parada obrigatoria é a Capela de Santa María, que tiña albergue e unha fonte (Fontem Sacra) que lle da nome o pobo. Durante toda a sua historia, a localización na ruta Xacobea fixo que se fundaran moitos hospitais de peregrinos. As xentes da comarca viviron sempre baixo o xugo de señores e ainda despóis das guerras irmandiñas as condicións de vida non melloraron en demasía.
Os embutidos de A Fonsagrada son coñecidos en toda Galicia. E por riba de todos eles sinalamos os chourizos, os butelos e as androias. Supoñemos que todos sabedes o que é un chourizo. O butelo énchese con costillar e peles. Faise na tripa cega, pero se vai feita no estómago leva ósos de solana e o peso varía entre 3 e 13 kilos. A androlla énchese con picadillo de chourizo, peles a maiores e feito con tripa lisa ou intestino cego.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Verducido, Beocha, Fisfas
- 2015/16: Víbora
- 2016/17: Beocha, Verducido
- 2017/18: Beocha
- 2018/19: Verducido, Lukas, Nanuq
- 2019/20: Michi, Lukas