22ª xornada
Punta Candieira
Entorno
A de Punta Candieira é unha xornada para os amantes dos refachos de vento. Xunto a Castro Vicaludo, entre as máis ventosas da costa do país galego. Pero ademáis tamén chove forte, ainda que as temperaturas están moderadas polo mar aberto. Cando somentes quedan catro xornadas, é unha etapa moi perigosa.
O faro de Punta Candieira construíuse a comezo dos anos 30 e inaugurouse en 1954. Oito kilómetros o separan de Cedeira. Nos derradeiros mil metros descende dende os 230 metros do monte Purrido ata os 80 metros de altirude no faro. Eiquí comezan os acantilados máis altos de Europa, na Serra da Capelada, que rematan no mítico Cabo Ortegal.
Cedeira é un precioso pobo mariñeiro no norte das Rías Altas. Impresionante a calidade do marisco nos seus restaurantes. A unha ducia de kilómetros podes visitar o santuario de S. Andrés de Teixido, cheo de misticismo e fé. Non deixes de probar os percebes, do mellor de Galicia e, por tanto, do mundo. A primeiros de xuño celebran o Curro da Capelada, o Sabucedo do norte.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina, Xowi
- 2015/16: Anxo de Marín
- 2016/17: Punteiro
- 2017/18: Botikas
- 2018/19: Punteiro
- 2019/20: Oscar