5ª xornada

logo liga de primaveira 2020 new south wales australia eltiempoentuojete

Williamtown

Entorno

O destino da 5ª cita da VII Liga da Primaveira está na rexión de Hunter, na zona central da costa de New South Wales. Facemos unha achega a Williamtown.

Williamtown é un barrio rural dependente de Port Stephens, na rexión de Hunter, en New Soth Wales. Cara o sur ten saida á gran bahía do río Hunter e no sudeste cara o mar de Tasmania, en Stockton Beach, coñecida pola grande cantidade de naufraxios eiquí acontecidos. Ubicada na carretera entre Nelson Bay e Newcastle, sitúase a 173 kilómetros ao norte de Sydney.

A zona oriental de Williamtown está ocupada polo aeroporto de Newcastle e a Base da RAAF, Real Forza Aérea Australiana, establecida no 1941 para proporcionar protección ás fábricas de aceiro e ós portos estratéxicos da rexión de Hunter. Hoxe en día é a sede do Centro de Guerra da Forza de Desefensa Australiana e o Grupo de Vixiancia e Resposta da RAAF.

Localización

Datos da estación

A Estación Williamtown está ubicada a -32,79º de latitude e 151,84º de lonxitude e a unha altitude de 117 metros. Situada, daquela, no estado de New South Wales, foi dada de alta no ano 1942.

Máis datos

Esta xornada vaise desputar o Domingo 3 de Maio. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 1 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.