VII Torneo de Vran. Perú Selva

Benvid@s meteoludópatas. Apresentamos a seguinte competición de eltiempoentuojete na tempada 2019/2020. Desta vez imos cara a Selva de Perú para desenrolar a nosa meteomancia. Ademáis, como moit@s xa saberedes, é a porta de entrada á Ojete´s Cup 2020, ainda sen ubicación definitiva, pero con vistas a un desafío caribeño.

O VII Torneo de Vran en Perú Selva consta de 5 únicas xornadas, nas que, aparte de buscar don@ para o trofeo, haberá que clasificar entre os 16 primeiros para ter acceso á Ojete´s Cup, a derradeira competición da tempada.

O servizo que nos vai proporcionar os datos e o SENAMHI, servizo meteorolóxico dependente do Ministerio del Ambiente do governo peruano.

Existen tres rexións xeográficas no país andino. A zona de costa, a de serra e a de selva. Será nesta última onde traballemos nas prediccións. Podes vela no mapa de embaixo. Non é a época de máis chuvia, pero nesta rexión nunca faltan as precipitacións e agardamos máis leria que en Australia.

A diferenza horaria é totalmente ó reves do acontecido en Australia. Perú ten unha diferenza de +7 (GMT-5) con respecto a nós. Isto fai que a xornada comezará ó amencer do domingo, cara as 08:00 e rematará á mesma hora do luns.

Ainda tendo marxe temporal dende a aposta, recordamos que sendo unha competición moi corta e coa necesidade de clasificar entre os 16 primeiros, os retrasos serán penalizados coma de costume. Somentes na primeira xornada aceptaremos apostas ata as 01:00 sen penalizar.

O contrario de Australia, onde a recepción de apostas con penalización remataba ás 04:00 h., nesta ocasión recolleremos prediccións ata as 16:00 horas do sábado. Eso sí, con penalización de 10 puntos.

Enlaces:

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina do blog.