25ª xornada

A Granxa

Entorno

A Granxa é o penúltimo peldaño de ascenso ata o Olimpo meteorolóxico e a estas alturas soamentes queda arrisca-lo todo, sen prisioneiros, facer un salto de fe o valeiro, como dixo alguén fai moito tempo. A fortuna sonríe os audaces, inda que para estamparse contra o chán non fai faia moita, pero se queres chegar con algo de honra soamentes queda arriscar. Pero para non desanimarvos esta etapa ten mala fama xa que se perdeu en outras edicións una liga; un poco de presión non ven nada mal.

O CIFP A Granxa é un centro educativo nas aforas de Ponteareas. Neste instituto de FP impártense ciclos das familias Agraria, Alimentaria e Ambiental. Quizais por iso a estación meteorolóxica está eiquí. E porque nesta zona ainda se vive do campo.

Nos arredores da vila de Ponteareas podemos atopar varios monumentos medievais, coma o Castelo de Sobroso, en Mondariz, ou curiosas formacións rocosas, presentes no monte da Picaraña. O río Tea, afluente do Miño baña estas terras e deixa praias fluviais naturais e un gran tramo de pesca de salmón, lamprea e anguía. 

Localización

Datos da estación

A Estación A Granxa está ubicada a 42,18º de latitude e -8,52º de lonxitude e a unhaaltitude de 41 metros. Situada, daquela, no concello de Ponteareas , provincia dePontevedra, foi dada de alta o 13 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación

Sensores

  • Multisensor
  • Piranómetro
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Humidade do Solo
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 13 de Marzal. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 11 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa