1ª xornada

escudo do concello de riveira

Corrubedo

Entorno

Ben vidos a esta nova edición da Liga inverneira de eltiempoentuojete que coma non pode ser doutra maneira, arrincará a xornada inaugural dende unha das míticas etapas que é Corrubedo, unha extraordinaria contorna para votar un primeiro pulo a esta esixente Liga de meteoludópatas. Eiquí será a saída desta nova carreira meteorolóxica que comezaremos cun primero paso para adiante (para algún) ou tres cara atras (para outros). Esta xornada índa que sexa morniña normalmente seguro que algún caerá a rolos polas dunas ata afuciñar.

O Parque Natural das Dunas de Corrubedo atópase no municio de Santa Uxía de Ribeira, este municipio pertence á comarca do Barbanza e o seu nome foi documentado por primeira vez no ano de 1307 e no ano 1906 consegue o titulo de Cidade otorgado por Alfonso XIII (paréceme que este non foi o mesmo sitio có seu pai).

Tamén pertence a este municipio o Dolmen de Axeito chamado o Partenón Megalítico. O parque atópase entre a ría de Arousa e as de Muros e Noia. Ten una extensión de 1000 Ha nas que atopamos fermosas praias zonas de dunas algunas das cales móviles e lagos de auga tanto doce como salgada. Tamén unha grande variedade de flora e fauna e restos megalíticos. Arrincamos, ferro a fondo, meteoludòpatas.

Localización

Datos da estación

A Estación Corrubedo está ubicada a 42,56º de latitude e -9,03º de lonxitude e a unha altitude de 30 metros. Situada, daquela, no concello de Ribeira, provincia de A Coruña , foi dada de alta o 11 de Febreiro de 2000.

Sensores

    • Anemómetro-Veleta
    • Piranómetro
    • Pluviómetro de Cazoliñas
    • Sonda de Presión
    • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 26 de Septembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 24 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa