22ª xornada
Punta Candieira
Entorno
Estamos ante Punta Candieira, unha das etapas na que aqueles que lle poñan tontorrón os refachos de vento estará na gloria xa que xunto coa etapa de Castro Vicudo é das máis ventosa da nosa amada Liga. Comenzaremos a ver de que están feitos os contrincantes e de quen é quen de non sair despedido polo vento e espetarse. Soamente quedan catro xornadas, levantará alguen o voo hacia victoria ou esnaquizara as alas?. Comenza o pánico.
O faro de Punta Candieira construíuse a comezo dos anos 30 e inaugurouse en 1954. Oito kilómetros o separan de Cedeira. Nos derradeiros mil metros descende dende os 230 metros do monte Purrido ata os 80 metros de altirude no faro. Eiquí comezan os acantilados máis altos de Europa, na Serra da Capelada, que rematan no mítico Cabo Ortegal.
Cedeira é un precioso pobo mariñeiro no norte das Rías Altas. Impresionante a calidade do marisco nos seus restaurantes. A unha ducia de kilómetros podes visitar o santuario de S. Andrés de Teixido, cheo de misticismo e fé. Non deixes de probar os percebes, do mellor de Galicia e, por tanto, do mundo. A primeiros de xuño celebran o Curro da Capelada, o Sabucedo do norte.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina, Xowi
- 2015/16: Anxo de Marín
- 2016/17: Punteiro
- 2017/18: Botikas
- 2018/19: Punteiro
- 2019/20: Oscar
- 2019/20: Botikas, Modesto, Rasta76, Xowi