13ª xornada

Ventosa

Entorno

Quen sexa supersticioso que vaia tocando madeira na testa xa que estamos na xornada 13 nuha estación, Ventosa, que non fai xustiza o seu nome. Pertence o municipio de Navia de Suarna que fai una dobre fronteira cós nosos primos asturianos e os veciños leoneses.

Ainda que o río Navia é o principal, existen moitos outros que forman fermosos bosques e vales, coma toda a comarca de Os Ancares, o que pertence. Merece a pena facer algunha das rutas dispoñibles, que son moitas. As mellores épocas do ano para percorrelas son a primaveira e o outono.

O Castelo de Altamira en Navia de Suarna gardaba e controlaba o paso pola Ponte Vella, ponte medieval de orixe romana sobre o río Navia. Existe constancia do Castelo dende o século XI. Foi destruido nas Revoltas Irmandiñas e reconstruido, pasando por varias mans. Un dos últimos inquilinos, o crego Manuel López Ernesto, fixo vivendas e rematouno con bloques de cemento e ladrillos. O resultado, na foto.

Localización

Datos da estación

A Estación Ventosa está ubicada a 42,96º de latitude e -6,91º de lonxitude e a unha altitude de 910 metros. Situada, daquela, no concello de Navia de Suarna, provincia de Lugo, foi dada de alta o 22 de Novembro de 2007.

Sensores

  • Sensores da Estación
  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 19 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 17 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa