Entorno
A 4ª cita da VIII Liga de Primaveira atraca en New Orleans agardando que non quede sumerxida baixo as augas do Golfo.
New Orleans fundóuse coma colonia francesa en 1718. Foi cedida a España no 1763 e recuperada por Napoleón Bonaparte en 1801, pero somentes para ser vendida a Estados Unidos. Foi un dos centros de venta de escravos máis importante da sua época. Namentras, tamén era o fogar dunha grande comunidade multirracial libre composta de negros, criollos e colonos caribeños.
No 2005 New Orleans recibiu a visita do furacán máis mortífero nos Estados Unidos dende 1928. Katrina, formada nas Bahamas, cruzou Florida e colleu forza no Golfo de México. Ainda que tocou terra con categoría 3, superou os diques da cidade causando máis de 2000 vitimas entre o propio furacán e as inundacións provocadas polo estancamento da auga nos propios diques. Perdeu case un 50% da sua poboación, recuperada no 2015.