10ª xornada

Orlando

Entorno

Orlando é a derradeira oportunidade para destacar dalgunha forma nesta VIII Liga de Primaveira no Profundo Sur dos Estados Unidos. Se tes algo que arranxar, mellor que des o mellor de tí mesmo neste fin de competición.

Orlando debe seu nome a unha tumba que se atopou na contorna co nome de Orlando. A partires de iso aparecen ata 5 versións distintas da identidade da persoaxe. Antes chamábase Fort Gatlin, sendo unha serie de frotificacións feitas para a Guerra Semínola. Atópase no centro de tres lagos principais e moitos máis pequenos, que aseguraban o suministro de auga doce.

Hoxe en día Orlando é un dos destinos turísticos máis demandados a nivel mundial, con un sin fin de parques temático, entre os que destacan o Walt Disney World, Universal Orlando ou Legoland, ademáis de moitos parque acuáticos coma SeaWorld. A diversión complétana un equipo NBA (Orlando Magic), un de soccer (Orlando City SC) e incluso un de hockey xeo (Orlando Solar Bears).

Localización

Datos da estación

A Estación Orlando International Airport está ubicada a 28,43º de latitude e -81,32º de lonxitude e a unha altitude de 27 metros. Situada, daquela, no estado de Florida, foi dada de alta o 16 de Maio de 1952.
 

Sensores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 13 de Xuño. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 11 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa