5ª xornada

thumb logo viii liga primaveira eltiempoentuojete

Shreveport

Entorno

Shreveport é o lugar escollido para a celebración da 5ª xornada da Liga de Primaveira neste 2021. Situada no noroeste do estado de Luisiana, Shreveport agarda as predicción d@s meteoludópatas de eltiempoentuojete.

Shreveport foi fundada coma Shreve Town pola Shreve Town Company no 1836. Tiña coma misión unir o Texas Trail coa nova ruta navegable no Red River, que foi dragado e limpo de trocos por Henry Miller Shreve, que lle dou nome á cidade. O terreo fora comprado pola empresa ós indios indíxenas Caddo.

En Shreveport está ubicada a Base da Forza Aérea de Barksdale, con construcción na década de 1920 e inaugurado no 1933. Unha parte, Fort Humbug (Forte Patraña, Farsa) colle o seu nome dunha artimaña dos confederados. Queimaron troncos e os colocaron nas marxes do Red River simulando canóns que fixeron fuxir ós acorazados da Unión.

Localización

Datos da estación

A Estación Shreveport Regional Airport está ubicada a 32,54º de latitude e -93,74º de lonxitude e a unha altitude de 55 metros. Situada, daquela, no estado de Luisiana, foi dada de alta o 1 de Xuño de 1937.
 

Sensores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 9 de Maio. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 7 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa