2ª xornada

thumb logo viii liga primaveira eltiempoentuojete

Tuscaloosa

Entorno

Tuscaloosa é a segunda etapa a desputar no estado de Alabama, dentro da VIII Liga de Primaveira no Sur de USA. Inmersos de cheo na pantanal sureño, pode que as treboadas fagan a sua aparición neste territorio.

Tuscaloosa debe o seu nome o cacique da tribu choctaw Tuskalusa, que foi derrotado por Hernando de Soto en 1540 na batalla de Mauvila. Tuskalusa, na lingua choctaw significa “Guerreiro Negro” e ese é o nome do río que cruza a cidade, o Black Warrior.

É unha importante cidade universitaria, ainda que en xuño de 1963 producíuse un altercado no que George Wallace, gobernador de Alabama e activo segregacionista, tentou impedir o ingreso de dous estudantes negros na Universidade de Alabama, a cal tiña sua sede en Tuscaloosa. Unha frase para a historia: “segregación agora e segregación sempre

Localización

Datos da estación

A Estación Tuscaloosa está ubicada a 33,21º de latitude e -87,59º de lonxitude e a unha altitude de 46 metros. Situada, daquela, no estado de Alabama, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 1900.
 

Sensores

Web Cam Tuscaloosa

Esta xornada vaise desputar o Domingo 18 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 16 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa