Entorno
Juneau é a derradeira xornada do VIII Torneo de Vran en Alaska. Tanto se optas á vitoria no torneo, ó Top-3 ou o Top-10, esta vai ser a última oportunidade de mellora. Tamén quen queira un acceso á Ojete’s Cup 2021 ten eiquí a oportunidade de entrar no Top-16.
Juneau sitúase no arquipélago Alexander, no canal Gastineau. É a capital do estado de Alaska, ainda con poboación menor que Anchorage e Fairbanks, preto dos 30000 habitantes. Leva o nome na honra do buscador de ouro Joe Juneau. Atópase ó pé de montañas de ata 1200 m., onde se ubica o Campo de Xeo Juneau, masa nai de máis de 30 glaciares.
Juneau foi constituida en 1881, despois de medrar dende asentamento mineiro durante a Febre do Ouro cara finais do século XIX. Foi a primeira poboación fundada dende a compra de Alaska polos Estados Unidos.
Os fenómenos naturais castigan de cando en cando a Juneau con avalanchas de neve, sendo tamén escenario de fortes terremotos e erupcións volcánicas causados pola influencia do Anel de Fogo.