7ª xornada
Cequeliños
Entorno
Cequeliños significa outro paso máis no camiño da X Liga da Inverneira de Galicia. Esta séptima xornada vaise desputar na fronteira sur do país, tendo coma silentes espectadores ós nosos amigos lusos (de momento).
Cequeliños é unha parroquia pertencente o concello de Arbo e moi preto da capital. Unha das suas características é a cantidade de pazos e casas solariegas, con notábeis traballos en pedra. Moitos escudos recordan o carácter nobiliario de toda a zona. Podes atopar tamén antigos acueductos ou canais de auga que levaban a auga ás mellores e máis ricas residencias. Moitas tamén dispoñían de pesqueiras de lamprea para pescar en exclusiva .
O concello de Arbo está dominado polo río Miño. A raiña é sen dúbida a lamprea, preparada de moitas máis maneiras do que pensas. Pero sen esquecer os viños, branco e tinto. Este tramo do Miño, xunto cun microclima privilexiado aporta un carácter especial o Albariño e o Condado. Tamén podes degustar os viños da beira portuguesa, grazas á ponte internacional.
Localización
Datos da estación
A Estación Cequeliños está ubicada a 42,14º de latitude e -8,26º de lonxitude e a unha altitude de 187 metros. Situada, daquela, no concello de Arbo , provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 7 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación
Sensores
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sensor de Humidade Foliar
- Sonda de Humidade do Solo
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Xowi, Fisfas, Cesar, Constantino
- 2015/16: Víbora, Punteiro, Canducho
- 2016/17: Lume
- 2017/18: Lume, Mingos
- 2018/19: Landrán
- 2019/20: Jose Lopez
- 2020/21: Landrán
- 2021/22: Ocandepavlov