Entorno
En Fornelos a chuvia ten unha cita ineludible ano tras ano. Sempre no Top-3 de estacións meteorolóxicas en canto a pluviosidade se refire. E acumula máis coronas anuais que ningunha outra. A 21ª xornada da Liga da Inverneira en Galicia de eltiempoentuojete celébrase no concello de Fornelos de Montes. Por riba, entramos no tramo final da Liga. Cántas dúbidas…
O concello de Fornelos de Montes pertence á comarca de Vigo, á que abastece de auga dende o encoro de Eirás. A zona de montaña pertence á Serra do Suido, con cimas por riba dos mil metros. Dende os altos, baixa a moi considerable cantidade de auga ata os vales fluviais, que co tempo formaron barrancos e fervenzas moi inestabeis. Gozan de temperaturas mornas no vran, pero xeralmente frías no inverno.
Preto do encoro de Eirás existe o chamado Monte da Cidade. É un curioso enclave de orixe castrexo duns 6000 m², con ríos e serras con abundante caza e pesca. O lugar ten un foso defensivo, pero o máis curioso é que ten outro que atravesa o poboado polo medio. Auténtica maxia de Galicia.
Localización
Datos da estación
A Estación Fornelos de Montes está ubicada a 42,32º de latitude e -8,4º de lonxitude e a unha altitude de 705 metros. Situada, daquela, no concello de Fornelos de Montes, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.
Sensores
- Sensores da Estación
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014: Oscar
- 2014/15: Beocha, Petrus
- 2015/16: Cesar
- 2016/17: Víbora
- 2017/18: Beocha, Balboa
- 2018/19: Landrán
- 2019/20: Kalandrakas
- 2020/21: Michi, Modesto
- 2021/22: Iago, Julio, Nanuq, Verducido