Entorno
Lira é a nova xornada da X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. A escollida para a celebración da 9ª etapa atopámola no concello de Carnota. Das derradeiras antes de afrontar os meses de decembro e xaneiro os maiores cumios de Galicia.
A estación meteorolóxica de Lira está en Santa María de Lira, entre Lariño e Carnota, que da nome ó concello. Ten un bonito conxunto de praias, coma a de Mar de Lira, bandeira azul, ainda que a actividade económica está baseada na pesca e o marisqueo. Famosos son os ourizos de mar e os santiaguiños. Visitables son o Castro de Mallou, da idade de ferro e o Hórreo de Lira, que xunto o de Carnota son os máis longos de Galicia.
O concello de Carnota pertence á comarca de Muros. Túmulos e castros indican a presenza humana dende tempos remotos. O hórreo de Carnota é inferior ó de Lira por poucos centímetros, ainda que está mellor conservado. Os espacios naturais son moi visitables. O Monte Pindo acumula multitude de lendas. Tamén as ten o río Xallas, quizáis pola máis que famosa fervenza do Ézaro, que verte a sua auga doce directamente ó Oceano Atlántico.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Temperatura e Humidade
Cámara ao vivo
Gañadores anteriores
- 2014/15: Petrus
- 2015/16: Pepe, Budainca, Punteiro
- 2016/17: Auswich
- 2017/18: Beocha
- 2018/19: Pepe, Aki, Kaltxón
- 2019/20: Mina, Aki, Bar Pequeno, Nanuq, Breogán77, Juanito Caminante
- 2019/20: Mina, Aki, Bar Pequeno, Nanuq, Breogán77, Juanito Caminante
- 2020/21: Iago, Nanuq, Popolo, Víbora
- 2021/22: Botikas