Entorno
Marroxo é unha das estacións meteorolóxicas de Monforte de Lemos. Eiquí imos desputar a 12ª xornada da X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Coidado coas néboas e as xiadas, teñen moita fama en toda Galicia. E as inversións térmicas…
O monte Marroxo atópase no concello de Monforte de Lemos. A media subida podemos contemplar un gran vista sobre o Val de Lemos, depresión da era terciaria. Ten grande interese para comprender a xeoloxía e diferenciar os esquistos e as pizarras. Existen varias rutas para escolas e senderistas que percorren toda a zona.
Monforte de Lemos conseva a imaxe do Mosteiro de S. Vicente do Pino no alto da cidade. A Torre de Homenaxe do castelo foi reconstruida despóis das loitas irmandiñas e mantén os 30 m. de altura e os muros de 3 m. de espesor. A Ponte Vella ten unha orixe romana, ainda que a actual data do século XVI. Ainda conserva parte do burgo sefardí e pertence a Rede de Xuderías.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Catavento
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2015/16: Verducido, Popolo, Jose Lopez
- 2016/17: Michi
- 2017/18: Punteiro
- 2018/19: Lukas
- 2019/20: Mina
- 2020/21: Landrán
- 2021/22: Iago