Entorno
A oitava cita da X Liga da Inverneira viaxa á comarca de Noia. Desta vez visitamos Muralla, no concello de Lousame, preto da Ría de Noia e o pobo do mesmo nome.
O concello de Lousame atópase no sur da Ría de Noia e ten unha orografía con profundos vales e varios puntos altos de ata 800 metros de altitude, o que fai que as temperaturas oscilen dun punto a outro. E unha zona de alta pluviosidade a nivel Galicia, recollendo moita da auga que entra pola ría de Noia no seu propio “camiño de Santiago” cara Compostela e o seu feudo catedralicio, do que formou parte na Idade Media.
O concello tivo o seu momento de máximo esplendor durante a metade do século XIX coa creación de ata cinco fábricas de papel. A máis próspera foi a fundada no 1863 por Domingo Fontán. Se non coñeces este persoaxe, aconsellamos ler o artigo “O home que mediu Galicia”, do compañeiro Popolo. Lee o artigo eiquí.
O segundo periodo de gloria económica vivíuna durante a II Guerra Mundial, coa apertura e explotación dunha mina de wolframio.
Localización
Datos da estación
A Estación Muralla está ubicada a 42.745º de latitude e -8.77º de lonxitude e a unha altitude de 661 metros. Situada, daquela, no concello de Lousame, provincia de A Coruña, foi dada de alta en Xaneiro de 2001.
Sensores
Pluviómetro de Cazoletas
Anemómetro-Veleta
Sonda de Presión
Sonda de Temperatura y Humedad
Piranómetro
Sonda de Temperatura de Superficie/Suelo
Datalogger
Pluviómetro de Cazoletas
Gañadores anteriores
- 2017/18: Pepe
- 2018/19: Beocha
- 2019/20: Punteiro
- 2020/21: Balboa
- 2021/22: Beocha, Modesto