17ª xornada

O Xistral

Entorno

O Xistral xuzgará esta 12ª xornada ós apostantes da X Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete. É a suplente da xornada de O Xipro, que continúa con problemas na estación. Despois da estrea da estación na rolda final da VII edición da Liga da Inverneira, voltamos o concello de Muras no mes de Decembro. Esta serra da provincia de Lugo será a que continúe coa xeira de etapas de montaña.

O Xistral é unha serra no noroeste da provincia de Lugo, preto do Mar Cantábrico. Este mar fai que a entrada de vento e humidade sexa constante, deixando moitas precipitacións, incluso en forma de neve, a pesar dos apenas 1000 mts. de altitude. Outro fenómeno é a intensa néboa, facendo o lugar inhóspito e relegando á poboación humana aos vales, con menor altitude.

Quizáis esa falta de actividade humana fixo que asentaran algunhas especies de aves que fan da Serra do Xistral un dos mellores observatorios de aves do país galego. Entre elas destacan o buitre leonado, o cernícalo vulgar ou os milanos negros, dentro das rapaces. Tamén podes atopar camachuelos, verderóns ou lavandeiras de fervenza.

Localización

Datos da estación

A Estación O Xistral está ubicada a 43,46º de latitude e -7,59º de lonxitude e a unha altitude de 1031 metros. Situada, daquela, no concello de Muras, provincia deLugo , foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.
 

Sensores

  • Anemómetro-Catavento
  • Piranómetro
  • Sonda de Temperatura de superficie/solo
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Datalogger
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 10 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 8 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa