14ª xornada

Serra do Eixe

Entorno

A decimocuarta cita da X Liga da Inverneira entrou coma suplente, pero atopou o seu lugar nesta edición. A estación de Serra do Eixe, no concello de A Veiga.

A Veiga é un dos concellos de maior extensión da provincia de Ourense. Enmarcada na comarca de Valdeorras, o concello conta co cumio a maior altitude de toda Galicia, Pena Trevinca. Tamén conta co encoro de Prada, alimentado polo río Xares. Este encoro sumerxíu o pobo de A Alberguería pouco despois da construcción da presa, cara maio de 1959

O concello está integrado no xeodestino Manzaneda-Trevinca. Conta con varias rutas de alta montaña e deportes acuáticos no encoro de Prada. Dentro dos productos de calidade da zona atopamos o mel, as castañas e os cogumelos e unha grande calidade nas carnes de razas vacúns autóctonas. Tamén recoñecido polo seu entroido, variante de alta montaña, con detalles da convivencia dos humanos co mundo animal.

Localización

Datos da estación

A Estación Serra do Eixe está ubicada a 42.35º de latitude e -7.01º de lonxitude e a unhaaltitude de 1229 metros. Situada, daquela, no concello de A Veiga, provincia de Ourense.

Sensores

  • Piranómetro
  • Anemómetro-
  • Catavento
  • Sonda de Presión
  • Sonda Temperatura e Humidade
  • Sonda de Temperatura de superficie/solo
  • Datalogger
  • Pluviómetro de Cazoliñas

Gañadores anteriores

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 24 de Decembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 22 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.