eltiempoentuojete
Actualizar datos en MetOffice
Cando entres na páxina da estación en curso de MetOffice dende a páxina de Resultados ao vivo o máis probable é que non estén actualizados. Imos deixar unhas sinxelas instruccións para facelo e acceder ós datos máis recentes que nos ofreza a estación meteorolóxica.
- Unha vez dentro da páxina da estación en curso, lembra o nome desta, que é o mesmo que o da xornada.
- Fai clic en WOW WeatherObservationswebsite na parte superior esquerda da páxina.
- Iso levarate ó mapa completo das estacións de MetOffice. Na parte superior esquerda, onde pon “Search a location, Site, etc…” escribe as primeiras letras do nome da estación, por exemplo “Brezov” que son as letras da primeira xornada. Dentro do listado que ofrece escolle a estación buscada, nesta ocasión “Brezovacko polje” e pulsa enriba.
- Vaite levar ata a estación en curso, onde debes pulsar no círculo que a representa.
- Ábrese un cadro á dereita onde podes ver datos da estación. Fai clic en “View Full Observation”
- Na páxina que se abre pulsa “Graph” para un acceso máis visible dende un PC. Se accedes dende un teléfono móvil é posible que teñas que pulsar en “Table” para unha mellor visualización.
- Pulsa onde pon “Filter options”. No cadro que se abre desmarca “Dew point” que non interesa. Deixa marcado “Air temperature” e engade “Wind gust” e “Rainfall accumulation facendo clic na casilla correspondente.
- Na parte inferior dereita do cadro pulsa “Update Graph” e terás acceso ás derradeiras observacións da estación.
Ainda que pode semellar compricado, non o é. Unha vez que o fagas un par de veces non terás que vir ata este tutorial porque a secuencia é moi sinxela de recordar. Recorda que para ver dende un PC o mellor e seleccionar a opción “Graph” e para un teléfono móvil o mellor é “Table”.
- Atención: A opción “Graph” indica unha media horaria de cada parámetro. A versión “Table” ofrece datos cada 5 minutos e moito máis precisos. Pulsando nas frechas ó carón de cada parámetro podes visualizar os datos de maior a menor e viceversa. Os datos definitivos serán sacados da variante “Table Summary“, onde se dan máximos e mínimos dos parámetros solicitados.