1ª xornada

Brezovacko

Entorno

Nesta 1º xornada estamos ante unhas das marabillas do continente europeo, os Lagos de Plitvice, dentro do Parque Nacional do mesmo nome. Iniciamos eiquí a X Liga de Primaveira na súa edición do Adriático. Ainda que semella unha paisaxe tropical, isto é Europa.

O Parque Nacional dos Lagos de Plitvice é unha reserva forestal de 295 quilómetros cadrados situada no centro de Croacia. É famoso polos seus 16 lagos superpostos en cadea e as fervenzas que se estenden ata un canón de pedra calcaria.

Os camiños e os roteiros de sendeirismo rodean e atravesan as augas, mentres que un barco eléctrico conecta os doce lagos superiores cos catro inferiores. No último atópase Veliki Slap, unha fervenza de 78 metros de altura.

Localización

Datos da estación

Esta xornada vaise desputar o Domingo 7 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 5 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa