2ª xornada

Zlarin

Entorno

Segunda etapa da Liga de Primaveira e segunda tamén no itinerario por terras croatas. Desta vez en Zlarin, unha illa do suroeste do país, preto da fronteira con Bosnia e a medio camiño entre as cidades de Zadar e Split.

Zlarin​ é unha pequena illa da costa dálmata de Croacia, preto da cidade de Šibenik. Administrativamente, é parte do Condado de Šibenik-Knin. No inverno a illa ten unha poboación de 276 persoas, ​ pero desde marzo a outubro, a súa poboación crece substancialmente ata 1.500 persoas.

O punto máis alto en Zlarin é Klepac a 174 metros sobre o nivel do mar. Durante os días claros e asollados, desde este punto pódese ver o monte Velebit e a volcánica illa de Jabuka no mar Adriático.

Localización

Datos da estación

Esta xornada vaise desputar o Domingo 14 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 12 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa