4ª xornada

A Armenteira

Entorno

A Armenteira chegou coma suplente e este ano fai a sétima aparición na 4ª xornada da XI Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete.

A Armenteira exténdese dende o alto do Castrove ata as beiras do río Umia. Pertence ó concello de Meis, no corazón do Salnés. Nos seus montes están localizados moitos petroglifos da idade de bronce e dólmenes da era neolítica. É a meirande parroquia do concello, que tamén é o maior da comarca do Salnés, e linda cos concellos de Poio, Meaño e Ribadumia

O mosteiro de Santa María na Armenteira inicióuse no seculo XII fundado por San Ero. Foi pouco despois da fundación da igrexa cando pasa a manos do císter e comezan as obras do mosteiro. Como a maioría das obras cistercienses predominan as aristas vivas e a falta de decoracións. Somentes no claustro, do século XVI, atopamos bóvedas de crucería de variada complexidade.

Localización

concello de meis en mapa galicia

Datos da estación

A Estación A Armenteira está ubicada a 42,47º de latitude e -8,74º de lonxitude e a unha altitude de 256 metros. Situada, daquela, no concello de Meis, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 15 de Febreiro de 2012.
 

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 20 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 18 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa