25ª xornada

A Granxa

Entorno

A Granxa e a penúltima xornada, a número vintecatro. Xa podes empezar a arriscar se o ves necesario. Ademáis, esta xornada ten moi mala fama. Eiquí gañóuse e perdéuse algunha Liga da Inverneira en anos anteriores. Vaite familiarizando co clima de Ponteareas se non queres descubrilo demasiado tarde.

O CIFP A Granxa é un centro educativo nas aforas de Ponteareas. Neste instituto de FP impártense ciclos das familias Agraria, Alimentaria e Ambiental. Quizais por iso a estación meteorolóxica está eiquí. E porque nesta zona ainda se vive do campo.

Nos arredores da vila de Ponteareas podemos atopar varios monumentos medievais, coma o Castelo de Sobroso, en Mondariz, ou curiosas formacións rocosas, presentes no monte da Picaraña. O río Tea, afluente do Miño baña estas terras e deixa praias fluviais naturais e un gran tramo de pesca de salmón, lamprea e anguía. 

Localización

Datos da estación

A Estación A Granxa está ubicada a 42,18º de latitude e -8,52º de lonxitude e a unhaaltitude de 41 metros. Situada, daquela, no concello de Ponteareas , provincia dePontevedra, foi dada de alta o 13 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación

Sensores

  • Multisensor
  • Piranómetro
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Humidade do Solo
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 16 de Marzal. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 14 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa