20ª xornada

Lardeira

Entorno

A etapa de Lardeira ten pouca experiencia en eltiempoentuojete. Tes que saber que é unha das estación que rexistra temperaturas máis baixas e das que recolle máis refacho. Na pasada III Liga da Inverneira deixou un refacho de 128 km/h, chuvia e mínimas baixo 0º. Qué nos agarda este ano…?

A estación de Lardeira sitúase por riba dos 1600 metros na comarca de Valdeorras. Ten pouco máis de dez anos en activo e dende aquela ten os maiores rexistros de refacho de vento no interior do país, por riba ás veces de Xesteiras en Cuntis. Ademáis chove máis que a media da provincia. Para rematar, as xiadas alí son de categoría superior. Queres máis?

A principal actividade de Carballeda de Valdeorras son as canteiras de pizarra. O río Sil pasa preto, pero ten máis importancia o río Casaio. Éste e outros baixan da Serra do Eixe, que ten a maior altura no Macizo de Pena Trevinca. Alí atópase o único bosque de teixos que queda en toda Galicia, o Teixadal de Casaio. Merece a pena visitalo antes de que sexa demasiado tarde.

Localización

Datos da estación

A Estación Lardeira está ubicada a 42,38º de latitude e -6,78º de lonxitude e a unha altitude de 1620 metros. Situada, daquela, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, foi dada de alta o 11 de Xullo de 2007.
 

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Medidor de Espesor de Neve
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Cámara ao vivo

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 9 de Febreiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 7 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa