18ª xornada

Courel

Entorno

A 18ª xornada da XI Liga da Inverneira está adxudicada a estación Courel, no concello Folgoso de O Courel. Afrontamos as derradeiras xornadas de montaña e todavía podes aproveitalas, a menos que esperes que pasen canto antes. Normalmente chuvioso, O Courel agarda e ás veces non perdoa…

O relieve foi o que salvou a O Courel de moitos avatares históricos, polo que podes atopar restos prehistóricos ben conservados. Ademáis, os restos de minas de ouro romanas son moitos. Eran explotacións a ceo aberto, onde a auga facía os traballos de desmonte, arrastre e lavado do material. Moitos son os canais excavados no monte para recoller e transportar a auga que ainda están á vista.

A fauna de O Courel é das máis ricas do noroeste ibérico. Atopamos ó lobo no alto da pirámide, raposos, martas… Xabaríns e corzos campan tranquilamente. Aves rapaces coma falcóns, cernícalos, gaviáns. Últimamente perdemos de vista ás aguias reais, que antes criaban na serra. O mesmo sucede cos buhos reais. Entre os reptís, varias cobras, víboras e lagartos. Na fauna fluvial destacan troitas, anguías, tritóns, salamandras, e rás. En Formigueiros e O  Couto viven o 70% das volvoretas do país.

Localización

Datos da estación

A Estación Courel está ubicada a 42,6º de latitude e -7,19º de lonxitude e a unhaaltitude de 777 metros. Situada, daquela, no concello de Folgoso, provincia de Lugo, foi dada de alta o 9 de Setembro de 2005.

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 26 de Xaneiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 24 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa