Entorno
Chegamos á derradeira xornada da XI Liga da Inverneira e, coma sempre, confiamos na estación de Xesteiras, en Cuntis. Certo é que xa tivemos que trocar a etapa polo mal funcionamento dos aparellos. Agardamos non ter problemas nesta ocasión e coronar sen problemas ó campión dunha Liga desputada ata o derradeiro suspiro. Dende eltiempoentuojete, grazas por xogar con nós.
O concello de Cuntis é famoso polas suas augas. Antigamente foi un manantial, pero os tempos pasaron e pouco queda de aquela fonte. Ainda que a maioría pense que aquelo está che de vell@s, podo asegurar por experiencia propia, que os teñen alonxados do resto de clientes, sobre todo a aqueles que veñen en autobús. Ainda que queda pouco para que nos alonxen a nós tamén…
O monte Xesteiras e limítrofe con A Estrada e Valga. Canteiras abandonadas, camiños de pedra e ata un curro de cabalos. Dende o máis alto pódese divisar as Rías Baixas e a comarca de Santiago de Compostela, así como as limítrofes. Impresionante o espectáculo do radar meteorolóxico que alí instalou Meteogalicia, de grande altura e curiosa esfera no cumio. É dos máis avanzados na predicción de tipo e cantidade de chuvia.
Localización
Datos da estación
A Estación Xesteiras está ubicada a 42,68º de latitude e -8,58º de lonxitude e a unhaaltitude de 715 metros. Situada, daquela, no concello de Cuntis, provincia dePontevedra, foi dada de alta o 6 de Outubro de 2010.
Sensores
- Sensores da Estación:
- Anemómetro-Veleta
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Petrus
- 2015/16: Mina
- 2016/17: Mina
- 2018/19: Aki
- 2019/20: Verducido
- 2021/22: Kaltxon
- 2023/24: Verducido, Beocha, Xowi, Julio