XI Liga de Primaveira. Perú

eltiempoentuojete comprácese en apresentar a XI Liga de Primaveira no Perú.

É nosa Liga máis antiga, a raíña da meteoroloxía amateur fora de Galicia. A XI edición da Liga de Primaveira de Perú 2025 está preparada e busca un campión.

A edición 2025 consta de 9 xornadas ó longo da xeografía do país andino, con inicio nos cumios da Cordilleira dos Andes e final na selva amazónica.

O inicio da competición está datado para o 20 de abril en Sibinacocha e o remate será o 15 de xuño en Upina.

O noso provedor de datos vai ser SENAMHI. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de SENAMHI actualizan os datos cada hora, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 2 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 2ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde unha vez, nas 2 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 2ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com