1ª xornada

Sibinacocha

Entorno

Nesta 1º xornada estamos ante unhas das marabillas do continente americano, a Lagoa de Sibinacocha, cunha altitude da estación meteorolóxica de 4880 metros. Iniciamos eiquí a XI Liga de Primaveira na súa edición do Perú. Ainda que debería semellar unha paisaxe tropical, isto son Os Andes.

A lagoa Sibinacocha é unha lagoa de orixe glaciar, situada na provincia de Canchis, rexión Cuzco, Perú. É un lago cor verde azulado, considerado paraíso tropical pola espectacular paisaxe que posúe, xa que está rodeado por inmensas montañas e picos nevados.

Machu Picchu está no departamento do Cusco (provincia de Urubamba, distrito de Machupichu) sobre o Val Sacro dos Incas, a 80 quilómetros ao noroeste do Cusco, cidade do Perú e por onde flúe o río Urubamba,​ río que atravesa a cordilleira e orixina un canón con clima de montaña tropical.

Localización

Datos da estación

Esta xornada vaise desputar o Domingo 20 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 18 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa