XI Torneo de Vran en Cachemira

eltiempoentuojete comprácese en apresentar o XI Torneo de Vran, nesta ocasión viaxamos ata o nordeste de Pakistán, á rexión de Cachemira. A edición de 2025 consta de 5 xornadas ó longo da xeografía pakistaní, con inicio e final en Cachemira, na rexión limítrofe e desputada coa India.

O inicio da competición está datado para o 6 de xullo en Chakothi e o remate será o 3 de agosto en Bandi Abbaspur.

O noso provedor de datos vai ser o servizo pakistaní de meteoroloxía,  e no seu caso, o que da a información das estacións meteorolóxicas do país, o FAWS. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de Meteogalicia actualizan os datos cada 10 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. 

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com