III OjeteQuake World Globe

eltiempoentuojete comprácese en presentar unha nova edición da competición de predicción de terremotos. A III OjeteQuake World Globe comezará ó mesmo tempo que o Torneo de Vran e rematará na derradeira xornada da Ojete´s Cup. Ó longo de 10 xornadas buscaremos o terremoto máis potente de cada domingo.

O certame extenderase dende o 28 de xuño, coincidindo co Torneo de Vran de meteoroloxía, ata o 30 de agosto, en concordancia coa fase final da Ojete´s Cup.

O dispensador de datos será, coma sempre, o USGS americano. A puntuación ven determinada pola posición e a magnitude, tendo a posición un pouco máis de importancia para o resultado final. Podes atopar o regulamento sísmico baixo este párrafo.

O USGS utiliza a hora UTC. En España utilízase UTC+1 polo que os resultados da xornada estarán definidos cara as 02:horas do domingo. Os resultados definitivos publicaranse ao mesmo tempo que os da competición meteorolóxica. En principio, o luns cara o mediodía.

Enlaces de interese

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto “Fala con nós!” na páxina do blog.