IV OjeteQuake World Globe

Cómo apostar na OjeteQuake

Para localizar un punto no mapa, podes facer de duas maneiras:

Modo 1 (Recomendado) – Accedes a Google Maps, buscas no mapa o lugar sobre o que queres apostar e fas clic co cursor. Na parte baixa da pantalla atoparás un recadro cos datos do punto elixido. Entre eles, a latitude e a lonxitude. Copia éstas, sen decimais, no formulario de apostas.

Modo 2 – Accedes o mapa que te ofertamos dende eltiempoentuojete (enlace e mapa máis abaixo). E o mesmo mapa de Google pero coas placas tectónicas sinaladas e as faias que surcan a superficie da terra. Poden servir de axuda para recoñecer as zonas quentes do planeta. Podes facer zoom se o necesitas. Abre o mapa na esquina superior dereita. Fai clic en EDITAR.

Escolle o sinalador e pica no punto do mapa susceptible de terremoto. Ábrese un cadro que da opción a “Guardar” e “Cancelar”. Preme “Cancelar” para que aparezan as coordenadas.

Despois so queda trasladar as coordenadas, sen decimais e respetando o signo negativo en caso de habelo. Despois de copiar as coordenadas, volta o mapa e preme en Eliminar elemento (a papeleira)

As coordenadas  insertadas no formulario de aposta

Soamente queda completar a tua aposta añadindo unha Magnitude estimada. Como reza o letrerito, revisa antes de premer o botón de “Enviar”.

Podes facelo dende a páxina de Mapas de Axuda ou tamén facelo dende o mapa dispoñible eiquí embaixo.

Calqueira dúbida sera debidamente contestada no correio electrónico do blog: eltiempoentuojete@gmail.com