Regulamento sísmico

Obxetivo do xogo

O obxectivo do xogo é acercarse o máis posible ó maior terremoto da xornada. Todas as xornadas xóganse o domingo dende as 00:00 horas ata as 23:59:59.

A OjeteQuake World Globe é unha competición  de predicción de terremotos (sismos) que se desputa en todo o globo terrestre. Ten unha duración indeterminada, pero longa. Coincide dentro do periodo de primaveira e vran galegos.

As apostas constan de tres parámetros:

  • Latitude, expresada en números enteiros, sen decimáis e con signo negativo en caso de levalo. Van dende -90 ata 90.
  • Lonxitude,  expresada en números enteiros sen decimáis e con signo negativo en caso de levalo. Van dende -180 ata 180.
  • Magnitude, expresada en números con decimáis en caso de telos. Vai dende 0 ata onde queiras.

Puntuacións

A puntuación vai distribuida da seguinte maneira:

A sinalización perfecta, isto é, un pleno, puntúa 500 puntos.

Pérdese un punto por cada grado de diferenza na Latitude co maior sismo da xornada.

Pérdese un punto por cada grado de diferenza na Lonxitude co maior sismo da xornada.

Pérdense dous puntos por cada decimal de  diferenza na Magnitude co maior sismo da xornada.

Proveedor de datos

O distribuidor dos datos será a USGSaxencia americana de detección de terremotos a nivel mundial. Na lista correspondente á data da etapa podemos atopar toda a información. Podes ver máis información na páxina de OjeteQuake World Globe ou acceder á páxina propia da USGS.

Penalizacións

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Aplicarase unha penalización de -100 puntos cando alguén aposte máis aló das 00:00 horas. Durante as primeiras 3 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 2ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde unha vez, nas 3 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Casos especiais

No caso de que se produzan dous ou máis terremotos coincidentes na maior magnitude, escollerase, por medición, o que máis preto se atope de calqueira dos participantes, independientemente das apostas de magnitude dos xogadores.