estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Liga da Inverneira / decembro
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de decembro na 8ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 4 xornadas desputadas este mes.
Resumo en cifras
O xogador máis completo
O xogador con mellor eficiencia xeral foi Maese Popolo, por riba de un 93% de acerto xeral. Tras del, 6 xogadores que promedian preto do 92%. Ocandepavlov, Punteiro, Beocha, Marius, Sarabia e Xowi. Tod@s el@s melloran na clasificación xeral.
Polo lado malo, a pior marca en decembro pertence a Coe cun 63.33% de acerto. Oscar e Bar Pequeno non chegan ó 80%, valor o que tampouco chegan Mingos e Mjölnir.
O mellor en temperatura
Sarabia ten a mellor porcentaxe de acerto en temperaturas, cun impresionante 95%. Mina está preto do 94% e Punteiro marca un 92,5%. Julio, Marius, Mingos e Popolo superan o 91% de acerto.
Coe encabeza as primeiras posicións dos piores resultados en decembro. Non chega a un 68% de acerto en temperaturas. Budainca apenas supera o 73%. Pouco máis acerta Zalamera, rebasando por pouco o 78%. Aki e Oscar amosan un acerto do 80%.
O mellor en pluviosidade
A posición de privilexio de M. B. Joaquín é ilusoria. Ten a mellor porcentaxe de acerto en pluviosidade porque non compareceu nas duas xornadas que rexistraron chuvia. 4 xogador@s comparten o mellor acerto con tódalas etapas desputadas. Beocha, Ocandepvlov, Punteiro e Verducido amosan unha porcentaxe de case un 94% de acerto.
Entre os piores predicindo a chuvia no mes de decembro destaca Mjölnir que apenas supera o 62% dos puntos recollidos. Oscar ten un 65% e Mingos máis do 66%. Bar Pequeno chega ó 70% e Kalandrakas anda preto do 74% de acerto en chuvia.
O mellor en vento
Popolo e Xowi preséntanse como líderes das apostas de refacho de vento no mes de decembro, Impresionante a sua marca, máis do 96% de acerto en 4 xornadas con refachos de intensidade media/alta. Aki chega ata un 95% de acerto. Modesto e Balboa rondan o 94% predicindo o vento.
Coe amosa a pior porcentaxe de acerto en refachos cun 47% de miserable acerto. Denodeno e Bar Pequeno non chegan ó 80% que presenta M.B. Joaquín. Mingos supera nun chisco o 81%.
Vitorias
Medias de puntuación
A mellor puntuación media do mes de decembro corresponde a Popolo, con 56 puntos por xornada. Suma un punto máis por xornada que un grupo que conta con Beocha, Marius, Ocandepavlov, Punteiro, Sarabia e Xowi, que sumaron 55 de media por etapa.
Coe non supera os 38 puntos por xornada, sendo a marca máis baixa neste mes de decembro. Bar Pequeno non chega ós 45 que superan Mingos, Mjölnir e Oscar.