estadísticas
eltiempoentuojete
VIII Ojete's Cup / agosto
Presentamos as estadísticas de acerto correspondente ó mes de agostona 8ª edición da Ojete’s Cup de eltiempoentuojete. Un repaso en cifras do acontecido nas 4 xornadas desputadas este mes.
Agosto en cifras
A comparativa co ano anterior amosa un aumento considerable na media de temperatura máxima, dende os 17º C. do ano 2021 ata os 28,5º C. nesta edición. A mínima tamén foi superior, 22º C., ata case doblar os 11,5º C. de Escocia. A cantidade de chuvia recollida foi máis do doble, ainda que no 2021 os días de chuvia foron os mesmos, 2. A media de refacho sí foi moi semellante, somentes 3 km/h. de media superior ó do ano pasado.
No que atingue os datos históricos de eltiempoentuojete, agosto de 2022 ten unha das medias de temperatura máxima máis baixos nestes anos de competición. Do mesmo modo sucede na temperatura mínima, a sexta máis alta. A chuvia fai a terceira marca máis alta, superada somentes pola marca de Panamá e a de Bangladesh, escandalósamente superior. O refacho de vento está na onda dos agostos medios, con un valor semellante a Tailandia na 1ª edición
O xogador máis completo
Landrán foi o xogador máis completo no que predicción xeral se refire. Acadou máis do 92% dos 249 puntos en liza en agosto. Case un punto por baixo atinou Marius. Un menos fan Punteiro e Verducido, preto do 91%. Por baixo, Botikas e Beocha superan o 90% de acerto. A pior marca amosada é a de Bar Pequeno, que apenas supera o 77% de acerto.
O mellor en temperatura
O mellor predictor de temperatura no mes de agosto foron Botikas e Kaltxon, con máis dun impresionante 94% de acerto. Superando o 91% aparece Landrán, Marius e Xowi. Chegan ata o 90% Lume, Michi, Modesto, Verducido e Punteiro. As piores porcentaxes de acerto en temperatura pertencen a Bar Pequeno e Sarabia, por baixo do 86%.
O mellor en pluviosidade
O acerto en pluviosidade ven comandada por Punteiro, con máis do 91% de acerto sobre os 32 litros recollidos. Beocha, Landrán e Marius acadan un 90%. Os valores máis pobres da competición pertencen a Bar Pequeno cun miserable 50% de acerto
O mellor en vento
O mellor colocado na lista de acerto en vento corresponde a Botikas, cun impresionante 97.5% de puntos recollidos. Kaltxon e Landrán chegan ata o 95%. Bar Pequeno e Verducido un pouco por baixo do 94%. Mina ten a pior marca en refacho de vento, por baixo do 84% de acerto.
Vitorias
Medias de puntuación
Landrán acadou unha media por etapa de 53 puntos. Marius anotou medio punto menos por xornada. Verducido chega ata os 52 puntos por xornada, o que significa 1 punto menos que Landrán. Beocha, Botikas e Lume superan os 51 puntos por etapa.
Mal mes para Bar Pequeno, que apenas superou os 43 puntos por xornada.